Canal Rías Baixas

O ex director de La Caixa pasará mañá a disposición xudicial

POBRA> A detención do ex director da sucursal de La Caixa xerou unha gran expectación ante espectacular dispositivo despregado pola Garda Civil.

{flowplayer}barbanza/detencionlacaixa.flv{/flowplayer}

Se ben a detención de Francisco Javier Otero non causou gran sorpresa entre os veciños posto que eran coñecidas as denuncias existentes contra el dende o seus despedimento, o amplo dispositivo desenvolvido pola Garda Civil non deixou indiferente a ninguén.

A detención producíase pouco antes das nove da mañá cando os axentes, encarapuchados, interceptaron o vehículo de Otero cando se dirixía ó seu traballo.

Todo aconteceu na rúa principal da Pobra polo que houbo numerosas testemuñas, algunhas das cales mesmo pensaron que se trataba dun secuestro. De feito, a policía local recibiu diversas chamadas alertando dos feitos.

Documentación incautada

Trala detención, os axentes realizaron rexistros no domicilio habitual e no lugar de traballo de Otero así como nunha asesoría de Rianxo coa que colaboraba, onde requisaron diversa documentación.

O detido permanece arestora baixo custodia policial e está previsto que pase a disposición xudicial mañá en Ribeira.

Redacción Barbanza

Exit mobile version