Canal Rías Baixas

O IES Número 1 solidarízase cos estudantes de Valencia

RIBEIRA> No Barbanza secundaron as concentracións en solidariedade cos estudantes agredidos a pasada semana en Valencia.

{flowplayer}barbanza/concentracioniesnumero1.flv{/flowplayer}

Máis dun cento de mozos ribeirenses do instituto Número 1, acompañados de profesores e pais, secundaron unha concentración en solidariedade cos estudantes de Valencia, moitos deles menores de idade, que resultaron agredidos pola policía a pasada semana.

A convocatoria desta concentración partiu da da Confederación de Asociacións de ANPA’s de centros públicos a nivel estatal, así como tamén das asociacións estudantís.

Contra os recortes

A convocatoria súmase tamén as accións que a comunidade educativa deste centro está a levar a cabo nas ultimas semanas, denunciando os recortes que se están a dar no ensino, que segundo eles, debería ser un servizo prioritario para calquera goberno.

Redacción Barbanza

Exit mobile version