{flowplayer}images/salnes/adopta_un_lector.flv{/flowplayer}
… achegáronse a este centro para lerlles contos ós rapaces de infantil e primeiro de Primaria.
O equipo de biblioteca do instituto foi quen impulsou esta actividade, baixo o título ‘Adopta un lector’. Os pequenos, de entre 3 e 5 anos, pasárono en grande coas historias que lles relataron estes padriños de lectura.
Pasar, pasárono moi ben, pero algún tivo que espremer ben a memoria para lembrarse do conto que lle acababan de ler.
Como compensación por este rato de lectura, os pequenos repartiron agasallos ós rapaces do instituto, e estes deixáronlles de recordo un conto coas súas dedicatorias. Para os maiores tamén foi unha bonita experiencia.
Nesta ocasión, ademais de en Dorrón, os alumnos do instituto de Sanxenxo tamén adoptaron lectores nos colexios da Florida e de Portonovo. Este é o terceiro ano que se leva a cabo a iniciativa, que se inscribe dentro do plan da biblioteca para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra cada 2 de abril.
Redacción Salnés