A Plataforma valora a xuntanza coa xerencia como primeiro paso para reducir as listas...

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza valora positivamente, aínda que con cautela, a xuntanza mantida cos responsables da  área sanitaria. Son varias as especialidades nas que xa se están a tomar medidas, como a incorporación de medios técnicos e humanos, para reducir as listas de espera.

Domingo sobre rodas coa sexta edición da XCO Kiwi Atlántico que organiza o Club...

Uns 250 deportistas daranse cita este domingo en Ribadumia na sexta edición da XCO Kiwi Atlántico. Trátase dunha proba de mountain bike cun percorrido técnico que organiza o Club Ciclista Ribadumia pola contorna desta empresa. De feito, as súas instalacións forman parte do percorrido. Este ano a proba é puntuable para o campionato galego.

A raia, protagonista da ponte do primeiro de maio en Portonovo cunha proposta cultural...

O Portonovo Gastronómico segue medrando. 21 establecementos, dous máis ca o ano pasado, participan este ano nesta cita impulsada polo Concello de Sanxenxo. Na ponte do 1 de maio, a localidade ofrecerá unha completa variedade de tapas, todas elas coa raia como protagonista. Ademais, salienta tamén o reforzo da programación paralela, co regreso do Raia Rock, un concerto de Treixadura ou un festival de baile con varias agrupacións locais.

O Barbanza berra contra a precariedade na atención primaria

Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Atención Primaria, o Barbanza sumouse á convocatoria de mobilización de SOS Sanidade Pública para toda Galicia. Esixen máis medios e recursos para garantir unha asistencia de calidade en primaria, evitando así sobrecargar o sistema.

O BNG de Ribeira propón unha partida de 5.000 euros para campañas de castración...

O BNG de Ribeira demanda ó goberno que habilite unha partida para castración de colonias felinas. Neste sentido, demandan que lle dean continuidade ó traballo desenvolvido durante o seu mandato na área de Benestar Animal.

Primeira Mesa fronte a Violencia de Xénero en Ribadumia coa implicación dos centros educativos

Ribadumia celebra a súa primeira Mesa fronte a Violencia de Xénero. Trátase dunha ferramenta de coordinación entre os distintos actores implicados na loita contra esta lacra. Na xuntanza participaron representantes da administración a distintos niveis, Garda Civil e membros da comunidade educativa do municipio e do eido da saúde. Neste tipo de mesas faise unha radiografía de cal é a realidade do concello no referente á violencia de xénero, que necesidades presenta e que medidas cómpre tomar para o fomento da igualdade.

O marisqueo de Vilanova denuncia que a situación é crítica e reclama a Mar...

A situación do marisqueo en Vilanova de Arousa é crítica. Así o trasladou o sector á conselleira do Mar. Marta Villaverde desprazouse hoxe ata o banco marisqueiro das Sinas para supervisar o traballo de recollida de mostraxes que permitan avaliar o impacto dos temporais deste inverno. Na confraría vilanovesa son claros: o marisco está morto e xa hai moitos mariscadores sen ingresos.

‘Alimenta un Comelixo’ en Vilagarcía para fomentar a separación de residuos

Vilagarcía anima á veciñanza a alimentar un comelixo. O concello pon en marcha unha nova campaña para fomentar a separación de residuos. Salientan que na cidade cada vez se recicla máis e mellor, pero que cómpre seguir dando pasos. Destacan a importancia de separar o lixo para evitar que os custes suban, porque -lembran- as novas normas penalizan todo o lixo que chega mesturado a Sogama.

O PSOE reclama á Deputación que afronte a renovación do céspede de Pasarón coa...

O Partido Socialista de Pontevedra reclama a Xunta e a Deputación que se poñan dacordo para renovar o céspede e o sistema de drenaxe do Estadio de Pasarón. O voceiro socialista asegurou que ata o de agora as actuacións que se realizaron foron parches que non evitaron os continuo alagamento do terreo de xogo. Segundo os cálculos de Iván Puentes, o investimento roldaría os 500.000 euros.

O 2025 deixou menos accidentes pero máis graves nas estradas da provincia de Pontevedra

Menos accidentes pero máis graves. É o balance que deixa o 2025 nas estradas interurbanas da provincia de Pontevedra. Segundo os datos presentados hoxe na Subdelegación do Goberno, durante o ano pasado houbo menos falecidos pero máis feridos graves. Tamén destacan o elevado número de imprudencias detectadas ao volante.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete