Canal Rías Baixas

A confraría reclama ó club de xubilados o local que usan como sede

RIANXO> Directivos e socios do club de xubilados amosaron o seu malestar pola decisión do pósito de retirarlles o uso do local no que teñen a súa sede.

{flowplayer}barbanza/clubxubiladosrianxo.flv{/flowplayer}

Os membros da directiva do club de xubilados de Rianxo, un colectivo que supera actualmente a máis de 400 socios de distintas parroquias do concello, non están dispostas a abandonar así por así os locais nos que teñen establecida a súa sede social, nos baixos da confraría de pescadores da localidade.

A polémica xurdiu hai varias semanas despois de recibir un escrito do patrón maior Baltasar Rodríguez Alcalde nos que os instaba a que deixaran estas dependencias.

A totalidade dos socios, que usan diariamente estes locais, non entenden esta postura do patrón maior, e parécelles inxusta, pois levan empregando estas dependencias dende hai máis de dez anos, e nunca existiu problema algún.

Pola súa banda o patrón maior xustifica a súa decisión na necesidade de espazo que ten actualmente o pósito. Sen poñer unha data fixa para a entrega do local, considera que debe ser o concello e non a confraría o que lle facilite ós membros deste colectivo un lugar no que poder desenvolver as súas actividades.

Redacción Barbanza

Exit mobile version