Canal Rías Baixas

Inseguridade no Barbanza ante o incremento dos roubos violentos

RIBEIRA> A xunta local de seguridade local reunirase en Ribeira para abordar o preocupante incremento de roubos no municipio.

{flowplayer}barbanza/incrementoroubosbarbanza.flv{/flowplayer}

Os roubos nos concellos do Barbanza sucédense case a diario. Sen ir máis lonxe, este domingo a pleno luz do día dous intrusos entraron a roubar nun piso dunha céntrica rúa de Noia. Os propietarios sorprenderon ós ladróns e lograron reter a un deles que foi detido.

Roubos con violencia

Peor acabou a cousa para o propietario dun negocio en Ribeira que foi asaltado na madrugada do venres por dous encapuchados que lle roubaron mil catrocentos euros tras propinarlle unha malleira. O home que se atopa de baixa ten o nariz roto e golpes por todo o corpo aínda que o peor é, segundo confirmou a esta redacción, é o medo a volver ser atacado.

Un medo que comparte boa parte da cidadanía que vén con estupor como se repiten os asaltos, cada vez máis violentos e a calquera hora do día.

Penas máis duras

Son moitos os que pensan que a xustiza debería ser máis dura cos autores destes delitos posto que a maioría dos detidos están na rúa ás poucas horas.

Redacción Barbanza

Exit mobile version