{flowplayer}barbanza/afectadospreferentespobra.flv{/flowplayer}
Aínda que cada caso ten as súas particularidades, a historia repítese unha e outra vez. Ningún dos afectados sabía que estaba contratando un produto desas características e en todo momento lle garantiron que poderían retirar os seus fondos cando quixesen. Non foi así e agora algúns están vivindo auténticos dramas.
Animan a toda a cidadanía a apoialos nas súas mobilizacións e ós afectados a saír á rúa e non ter reparos á hora de denunciar que foron estafados.
Na súa loita agardan contar co apoio das administracións públicas para que dean unha solución política ó que cualifican de estafa a gran escala sen precedentes.
Redacción Barbanza