Canal Rías Baixas

Os bolseiros do curso de Comercio da Deputación rematan a formación

PONTEVEDRA> O curso tivo un ano de duración e incluíu prácticas en varias asociacións de comerciantes da provincia.

{flowplayer}images/salnes/SEMINARIO_BOLSEIROS_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

Un seminario sobre as redes sociais e o novo mercado de traballo pechou o ano de formación que estes vinte e dous titulados universitarios recibiron ó abeiro da Deputación de Pontevedra. Foron os beneficiarios das axudas ó estudo promovidas por este organismo en materia de Comercio. Durante este tempo recibiron clases teóricas a través de xornadas e conferencias, e tiveron a oportunidade de aplicar os seus coñecementos colaborando con varias asociacións de comerciantes da provincia, entre elas as da Illa, as dúas de Vilanova, e as de Meaño, Ribadumia e Pontevedra.

A clausura desta xornada contou co participación do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e da directora xeral de Comercio, Nava Castro, quen salientou a aposta da Xunta pola profesionalización da xerencia das asociacións de comerciantes e tamén o seu impulso ó movemento asociativo a través do Plan Ágora-Agora Recomercia.

Como parte destas bolsas, os vinte e dous beneficiarios elaboraron un mapa de situación do pequeno comercio na provincia de Pontevedra ademais de realizar un inventario dos pequenos comercios existentes e apoiar campañas de dinamización comercial como ‘Este inverno presume de praceiro’.

Redacción Salnés

Exit mobile version