{flowplayer}images/salnes/COLEXIO_ROSALIA_CASTRO_120912.flv{/flowplayer}
As obras de mellora que se realizaron no último mes e medio no colexio Rosalía de Castro do Grove remataron a tempo para o inicio das clases, pero non o acondicionamento das estancias onde se ubican as aulas de primaria e educación infantil. Segundo a ANPA, a pesar de que os obreiros limparon, queda aínda lixo nas clases e fai falla unha limpeza a fondo.
A isto hai que engadir o mobiliario non está aínda colocado. É por iso que onte se reunía para decidir que ata o luns, non mandarán ós seus nenos á clase.
Desde a Xefatura de Educación da provincia de Pontevedra instouse a comezar o curso hoxe por entender que as estancias están en condicións. Unha opinión que comparten desde o concello. Tanto o alcalde como a edil de Educación estiveron nas instalacións o luns e aínda que recoñecen que non está colocado todo o equipamento, os nenos poden recibir clases alí perfectamente.
Polo de agora os pais seguirán traballando estes días para acondicionar as estancias e que os nenos poidan ter o luns a súa particular volta ó cole.
Redacción Salnés