Canal Rías Baixas

O executivo pobrense incluirá tres obras de saneamento no POS 2013

POBRA> As actuacións afectarán ó paseo Párroco Luís Castelao, no Xobre, e ós núcleos de Tarrío e ponte de San Antonio.

{flowplayer}barbanza/pospobra13.flv{/flowplayer}

O alcalde, Isaac Maceiras, e o edil de Obras, Xosé Manuel Castro, deron a coñecer os proxectos que o concello decidiu incluir con cargo ó POS da deputación para o vindeiro ano 2013 e que serán levados ó pleno ordinario do xoves para a súa aprobación. Trátase de tres actuacións en materia de saneamento presupostadas no seu total por un importe de máis de 105 mil euros.

Unhas das obras principais acometerase no paseo Párroco Luís Castelao, na zona do Xobre, onde está previsto instalar un pozo de bombeo para dar servizo ás vivendas situadas a carón da igrexa e ó propio instituto. O orzamento desta actuación ascende a máis de 56 mil euros.

Outras obras

As outras dúas actuacións levaranse a cabo no lugar de Tarrío, onde se instalará un novo colector e catro pozos de de rexistro nun tramo da pista que une este núcleo con Lesón, así como tamén no tramo comprendido entre a ponte de San Antonio e a Silva, onde está previsto rematar coa instalación dunha bomba no pozo de bombeo e un novo colector.

Redacción Barbanza

Exit mobile version