Canal Rías Baixas

O executivo ribeirense formaliza o contrato do matadoiro

RIBEIRA> O adxudicatario do servizo é Distribuciones Josoni, S.L., con domicilio social en Noia, que terá a instalación en concesión durante un prazo de 25 anos.

{flowplayer}barbanza/formalizacioncontratomatadoiro.flv{/flowplayer}

O concello de Ribeira procedeu á formalización do contrato de xestión e explotación do servizo do matadoiro de Xarás á empresa Distribuciones Josoni, S.L.. Este era un dos últimos trámites pendentes para que a firma, con domicilio social en Noia, puidera iniciar a explotación do recinto que funcionará de xeito comarcal, atendendo ós catro concellos que integran a mancomunidade Arousa Norte: Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo.

25 anos

A empresa noiesa disporá dunha concesión de 25 anos, tempo durante o cal deberá aboar un canon anual de 3.100 euros, ademais se comprometerse a realizar unha serie de cuantiosos investimentos na instalación, por un valor superior ó millón de euros.

Redacción Barbanza

Exit mobile version