Canal Rías Baixas

Medio Rural e FGC traballarán na prevención de incendios

SALNÉS> Así o recolle o convenio de colaboración asinado entre a titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, e o presidente da Federación, Javier Nogueira.

{flowplayer}images/salnes/PrevencionIncendios_050313.flv{/flowplayer} 

O obxectivo deste convenio, que terá vixencia ata o vindeiro 31 de decembro de 2013, céntrase na realización de actividades de prevención e defensa contra incendios forestais a través de tarefas de detección, vixilancia e disuasión. Serán desenvolvidas polos Tecor..A finalidade é concienciar do risco dos lumes, minorar o número de incendios e levar a cabo un rápido control dos mesmos. A Federación Galega de Caza comprométese a realizar labores de información e divulgación das medidas preventivas de incendios forestais entre os seus afiliados.

A Federación tamén proporá actuacións de silvicultura preventiva e de defensa en puntos de auga, viais e todas aqueles lugares que considere importantes para a defensa do monte. Pola súa parte, a Consellería impartirá formación aos colectivos de cazadores sobre o conxunto das accións preventivas e de defensa contemplados no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia.

Co fin de velar pola execución do presente convenio, crearase unha comisión de seguimento presidida polo secretario xeral de Medio Rural e Montes.

Redacción Salnés

Exit mobile version