Canal Rías Baixas

‘A compañía do ruído’ presenta novo disco a bordo dun catamarán

RIBEIRA> O seu novo traballo, o sexto do grupo ribeirense, titulase 'Pensares galegos'

{flowplayer}barbanza/novodiscocompanhiadoruido.flv{/flowplayer}

Os membros da banda ribeirense ‘A Compañía do Ruído' ultimaban esta mañá os preparativos para a presentación do se último traballo ‘Pensares galegos’, o sexto disco xa na súa conta. Para tal efeméride prepararon un acto moi especial a bordo dun catamarán no medio da ría con actuacións en directo, gastronomía e máis actividades.

Poucos cambios

Musicalmente falando, o novo disco presenta poucas novidades, seguindo unha liña semellante á de traballos anteriores.

Corren malos tempos para a música e coa que está caendo a compañía é arriscada e saca novo disco. Ademais cunha novidosa fórmula de produción, grazas ós colaboradores.

Festa da chuvia

A presentación deste novo proxecto musical coincide tamén coa celebración da Festa da Chuvia. Unha iniciativa promovida tamén polos membros deste grupo ribeirense e que xurdiu coma un acto reivindicativo contra o concello.

Redacción Barbanza

Exit mobile version