Canal Rías Baixas

Disparan a unha parella ó intentar asaltar un bar

BARRO> Foi no bar O Rincón do Coxo. Cando os propietarios abandonan o seu establecemento na noite do mércores, catro encapuchados disparaban contra eles.

{flowplayer}images/salnes/VagaRoubosBarro_190413.flv{/flowplayer} 

O medo a ser obxecto dun roubo xa está máis que xeralizado entre os propietarios de negocios no Salnés. Vilagarcía, A Illa, O Grove ou Ribadumia foron algúns dos concellos onde se perpetraron atracos no último mes. Neste semana, os amigos do alleos visitaron catro negocios do municipio de Barro.

Especialmente violento foi o intento de atraco que acontecía na bocatería O Rincón do Coxo. Cando os propietarios abandonan o seu establecemento na noite do mércores, catro encapuchados disparaban contra eles. As balas impactaron no vehículo no que escaparon as vítimas.

Desta volta os ladróns non levaron nada. Nas outras tres que o intentaron neste establecemento, si que roubaron cartos e fixeron destrozos no local. Pensan que o mellor sería pechar o negocio.

Foi sen embargo a primeira vez para A Taberna do Rei, que viron como na madrugada do xoves lle entraban pola porta traseira do establecemento, onde xa non había ninguén, e se levaban a recadación da máquina comecartos, uns 800 euros. Ó seu paso tamén levaron un ordenador. Todo foi posible grazas a que foron quen de anula-la alarma, algo que sorprendeu incluso ós responsables da empresa encargada da seguridade deste local. Din que foi obra de profesionais.

Redacción Salnés

Exit mobile version