Canal Rías Baixas

O turista internacional, principal obxectivo da Mancomunidade do Salnés

VILANOVA> A Mancomunidade do Salnés aposta polo contacto directo coas axencias e operadores turísticos para atraer visitantes estranxeiros a esta comarca.

{flowplayer}images/salnes/REUNION_MANCOMUNIDADE_190413.flv{/flowplayer}
 
Así se falou na última reunión da xunta directiva da mancomunidade. Entenden que o turista nacional pode contactar cos hoteis directamente pero que esa fórmula non vale para o turista de fóra.
 
A mancomunidade ten xa negociado un novo convenio coa secretaría xeral de turismo por valor de 140 mil euros, 50 mil euros máis que o anterior. E a metade o quere dedicar precisamente a atraer turismo internacional, comezando por Rusia e Alemaña.
 
Desde a Mancomunidade indican que o Salnés conta con 400 hoteis, con máis de 20 mil prazas, e sinalan que esta comarca ten máis peso turístico que dúas provincias galegas xuntas.
 
Redacción Salnés
Exit mobile version