Canal Rías Baixas

Traballadores da hostalería recíclanse cun curso de tapas

SANXENXO> Asistimos agora a un cursiño de tapas que se está a desenvolver no Salnés. Nel, os empregados da Hostalería da contorna amplían coñecementos sobre como preparar saborosos petiscos con productos da zona. O Grupo Ames Formación está a impartir estes días no Salnés un curso de formación para hostaleiros especializado en tapas. Con el intentan perseguir que o persoal deste sector renove os seus coñecementos e estea cada día máis cualificado para un mercado crecente e máis esixente. Precisamente as ansias de reciclarse e aprender novas cousas foi o motivo que levou ós participantes a participar neste curso no que se quedaron con ganas de máis. O perfil de asistentes é o de propietarios ou traballadores de negocios da hostalería de entre os 25 e os 55 anos. Primeiro fixeron unha parte formativa teórica non presencial e agora ultiman unhas quince horas de taller no Hotel Vimar de Noalla, en Sanxenxo. Aquí aprenden a pé dos fogóns o que debe levar unha boa tapa. Entre as preparacións que realizaron os cursillistas puidemos degustar polo con salsa de callos, berberechos con chícharos, choco con patacas e mojo ou fideuá á galega, do que lle ofrecemos a receita en tempo record. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/tapas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/CURSO_TAPAS_HOSTALERIA.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version