Canal Rías Baixas

Aprobada a terceira fase do saneamento para a Ribeiriña

POBRA> A actuación, que sufragará na súa totalidade a consellería de Medio Ambiente, suporá un investimento de máis de 213 mil euros, dando beneficio a uns 500 veciños. Con esta terceira fase do proxecto de saneamento da Ribeiriña e o Conchido, darase por rematado a dotación de servizos , tanto de sumidoiros como de abastecemento de auga a esta zona. As obras incluirán dúas áreas de actuación, unha pequena con vivendas na marxe sur da estrada AC-305 e outra en dúas vías que discorren en perpendicular á mesma estrada. O alcalde, Isaac Maceiras, destacou a importancia desta actuación, ó tempo que agradeceu o investimento outorgado pola consellería de Medio Ambiente para poder levar a cabo este proxecto que beneficiará a uns 500 veciños aproximadamente. Unha vez aprobado o proxecto, a actuación sairá a licitación, polo que o equipo de goberno confía en que os traballos poidan iniciarse xa no primeiro trimestre de 2014. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/terceirafasesaneamentoribeirinha131213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/terceirafasesaneamentoribeirinha131213.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version