Canal Rías Baixas

O turismo aprende a desafiar a crise

O GROVE> Entre hoxe e mañá, O Grove orientará ó seu sector turístico para afrontar os novos retos. O experto Domènec Biosca será o encargado de destacar as chaves para mellorar os resultados  neste eido, sen temer á crise económica.

Como vender o destino turístico en época de crise. Esta é o enigma que buscan desentrañar diferentes axentes do turismo meco. Para iso, hoxe e mañá contarán con Domènec Biosca, un experto na materia que buscar mudar as mentalidades.

A gastronomía, o entorno, os aloxamentos e balnearios e, sobre todo, o ocio, son os factores que fan do Grove un destino fácil de vender ó turista.

Biosca destaca a importancia da colaboración público-privada na promoción turística; de aí que estas xornadas no Grove contemplen charlas para cargos municipais e empresarios do sector. Unha colaboración que, asegura, debería estenderse máis aló dos límites do municipio.

Para abrir a porta do mercado, segundo Biosca, as marcas son as únicas chaves dispoñibles, e deben ser potentes, positivas e moi mediáticas. Con estas xornadas técnicas, o sector meco busca obter as claves para mellorar a oferta turística do seu concello.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/10/conferencia_domenec_biosca.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/10/conferencia_domenec_biosca.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version