Canal Rías Baixas

Dan a coñecerse os datos do Plan de Mobilidade Urbana de Ribeira

RIBEIRA> Trátase do traballo de campo realizado durante este último ano pola empresa ALG co obxecto de redactar o Plan de Mobilidade Urbano Sostible, unha das actuacións incluídas no proxecto ‘Riveira Atlántica 2015’. O fin do estudo cuxos datos foron dados a coñecer hoxe era coñecer os hábitos de desprazamento dos cidadáns do municipio. Así da súa análise obsérvase que os residentes no municipio realizan un total de máis de 87 mil desprazamentos diarios, o que representa un total de 3,27 desprazamentos por persoa e día, un dato algo superior á media española, que se sitúa en 2,9 en poboacións de entre 10 mil e 50 mil. Do total de desprazamentos, o 91.2% correspóndese con desprazamentos internos no concello, o 7.6% son de conexión de Ribeira con outras zonas do propio concello e o 1,1% restante son desprazamentos externos, as que se realizan a outras localidades. En canto ós modos de transporte, os realizados en vehículo privado son os predominantes, ó representar o 57.9% do total, mentres que o transporte público supón tan só un 5.3% e os modos non motorizados, a pé ou en bicicleta, supoñen o 36.7%. O plan será elaborado a través de catro fases de traballo. Unha vez recollida a información básica e realizada a análise para a súa diagnose, primeira e segunda fase, desenvolverase a definición do marco operativo e a toma de decisións para proceder á redacción final do documento. Este plan enmárcase no proxecto ‘Riveira Atlántica 2015’ que ten por obxectivo converter o municipio nun destino turístico de primeiro orde baseado nos seus recursos naturais, patrimoniais e industriais. O desenvolvemento integral do plan contribuirá de forma directa ó crecemento do emprego e á diversificación da actividade económica. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/12/datosplanmobilidadeurbanaribeira1203141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/12/datosplanmobilidadeurbanaribeira120314.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version