Canal Rías Baixas

A chuvia condiciona as actividades da Feira do San Marcos

NOIA> Durante toda a fin de semana a vila vivirá un dos festexos con máis sona de toda a comarca, fundamentalmente pola feira cabalar, que se celebra na explanada de San Lázaro. O tempo non foi escusa esta vez, e foron moitas as persoas que desafiaron a chuvia e se achegaron ata a explanada de San Lázaro para disfrutar da feira cabalar de San Marcos. Durante toda a xornada desenvolvéronse concursos morfolóxicos, espectáculos ecuestres e exhibicións de doma que congregaron a numeroso público. Ademais da propia feira cabalar, a explanada de San Lázaro acolleu tamén unha exposición de maquinaria agrícola. Os festexos prolongaranse durante toda a fin de semana, con verbenas na alameda coas mellores orquestras de Galicia, e actuacións de grupos coñecidos e DJ’s no Tapal. As actividades completaranse tamén co concurso de pintura ó aire libre, xogos para rapaces e a Feira de Abril, que por terceiro ano consecutivo tratará de reunir ós amantes da cultura flamenca, con actuacións destacadas, entre elas a dos grupos Los Calis e Los Chunguitos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/25/feirasanmarcosnoia250414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/25/feirasanmarcosnoia250414.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version