Canal Rías Baixas

A Pobra homenaxea ós seus maiores cun xantar de confraternidade

POBRA> A XV edición deste tradicional encheu o polideportivo municipal.

Máis de mil persoas participaron este mediodía no polideportivo da rúa Venecia na décimo quinta edición da Festa dos Maiores. A comida estivo presidida pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que destacou a importancia destes actos. O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, fixo referencia á alta participación no xantar, que este ano estivo dedicada ó colectivo de mestres . No xantar tamén participaron a práctica totalidade dos membros do equipo de goberno, así como os alcaldes de Boiro e Porto do Son, así como o deputado autonómico, Santiago Freire. Tampouco faltaron representantes dos eidos sociais e empresarias, tanto da localidade como de toda a comarca do Barbanza. Como de costume o xantar estivo servido polo restaurante Chicolino e o espazo deportivo estivo totalmente acondicionado para a ocasión polo que os maiores pobreses disfrutaron dunha gran festa.Como non podía ser doutro xeito, despois do xantar a festa prolongouse durante varias horas, cun baile amenizado por un grupo musical.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/xantarterceiraidadepobra0905141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/xantarterceiraidadepobra090514.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version