Canal Rías Baixas

O acusado do homicidio de O Grove alega que acoitelou á vítima para defenderse

PONTEVEDRA> O homicidio do barrio meco de Lordelo, a xuízo. Esta mañá arrancou na Audiencia Provincial a vista que busca esclarecer as dúbidas sobre este crime cometido no 2012, no que perdeu a vida David Barreiro. Hoxe por primeira vez escoitouse a versión do único acusado. Alberto Sequenza asegurou que actuou por medo.

 

Máis de dous anos despois do suceso, Alberto Sequenza decidiu por primeira vez dar a súa versión do que sucedeu na pelexa que rematou coa morte de David Barreiro. 

Segundo o acusado, en abril de 2012 ambos citáronse para falar da relación que el mantiña coa irmá de Barreiro. Sequenza asegurou que o falecido pegaba á rapaza, por iso quixo pedirlle explicacións. 

Porén, declarou ante a sala que tan pronto o falecido entrou no garaxe, doulle un puñetazo e seguiu pegándolle unha vez Sequenza caeu ao chan. O acusado asegura que colleu a navalla do chan por medo, e que deulle a coitelada ao intentar quitarse a Barreiro de enriba.

Despois das primeiras declaracións, o xuízo con xurado continuará mañá. Alberto Sequenza enfróntase a unha petición de quince anos de prisión por un delito de homicidio.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/20/xuizo_homicidio_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/20/xuizo_homicidio_grove.mp4{/flowplayer}

 

Exit mobile version