A PAU adáptase ás necesidades específicas dunha ducia de alumnos de toda Galicia en...

Case 1.500 alumnos comezaron hoxe en Pontevedra as Probas de Acceso á Universidade. A gran maioría examináronse na Escola de Enxeñería Forestal, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e a Facultade de Comunicación. Pero unha ducia deles, chegados dende diferentes puntos de Galicia, realizaron as probas no Centro de Recursos Educativos da ONCE. Son alumnos con necesidades específicas de adaptación para garantir que tamén se poden enfrontar aos exames da PAU en igualdade de oportunidades.

O popular Rafa Domínguez volverá optar á alcaldía coa proposta de abrir Pontevedra á...

O presidente do Partido Popular de Pontevedra confirma que será o candidato do PP nas eleccións municipais do 2027. Rafa Domínguez fíxoo presentando as liñas mestras do seu programa electoral, e defendendo a necesidades de impulsar unha nova etapa política na cidade. Entre as súas propostas, destacou a apertura da cidade cara á ría, a creación dunha cidade deportiva ou a construción dunha biblioteca municipal.

Deportistas de 29 países compiten na Copa do Mudo de natación artística de Pontevedra

O mellor da natación artística a nivel mundial xa adestra en Pontevedra. A piscina olímpica de Ponte Muíños acollerá esta fin de semana a Copa do Mundo deste deporte, reunindo a 29 países e 450 participantes. Hoxe o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da Real Federación Española de Natación, Fernando Carpena, visitaron as instalacións de Rías do Sur.

Pontevedra inicia o cambio a LED de 2.300 luminarias da zona norte, co que...

Pontevedra inicia o cambio a LED de 2.300 luminarias da zona norte, co que aforrará un 77% na factura da luz

Pilar Nos, experta en enfermidades inflamatorias intestinais: ‘Os últimos fármacos cambiaron radicalmente o xeito...

Nova xornada do ciclo “Pontevedra, quen pasa? Seis expertos en saúde, seis meses”. Desta volta, a iniciativa organizada polo servizo de Aparello Dixestivo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés a través do grupo de investigación Idara trouxo ata a cidade a Pilar Nos, xefa do servizo de Medicina Dixestiva do Hospital La Fe de Valencia e unha das maiores expertas españolas en enfermidade de Crohn e colite ulcerosa. Nos defendeu a importancia do diagnóstico precoz.

Veciños e visitantes ateigan Combarro para vivir o Día de Colón

Poio viaxou esta fin de semana ao pasado coa Festa de Colón. O municipio reivindicou a teoría da orixe galega do navegante con moito ambiente e animación polas rúas de Combarro. Unha cita que serve ademais para dinamizar social e economicamente o concello, nunha cita que ano tras ano incrementa a participación de veciñanza e visitantes.

O Areeiro estrea anfiteatro cunha degustación do té da súa marca polo Día Internacional...

A Finca Areeiro, en Pontevedra, estrea anfiteatro. A Deputación de Pontevedra inaugurou hoxe este espazo, pensado para achegar ao público a realidade do sector primario e o labor de innovación que realiza a Estación Fitopatolóxica. Esta estrea fíxose coincidir coa posta en valor da marca Té Areeiro, producida nesta estación, co gallo do Día Internacional do Té.

Os pontevedreses porán a proba o mobiliario urbano do proxecto AMBIANCE, fabricado con bioplásticos

Pontevedra é a cidade escollida para validar no espazo público o proxecto europeo AMBIANCE. Na Praza de Barcelos están instaladas varias pezas de mobiliario urbano de gran tamaño, elaboradas con biomateriais e fabricadas mediante impresión 3D. Durante seis meses, a instalación permitirá avaliar a resistencia destes novos materiais. O proxecto foi desenvolvido pola empresa local Setga, o Centro Tecnolóxico AIMEN e un consorcio formado por dez entidades de ata seis países europeos.

A Deputación lanza Espazo Depo, un novo plan para axudar aos concellos a cofinanciar...

Espazo Depo é o novo plan de cooperación cos concellos posto en marcha pola Deputación de Pontevedra. Trátase dunha inxección extraordinaria de 20 millóns de euros para que 18 municipios pontevedreses executen proxectos considerados estratéxicos. Esta liña de axudas cubrirá o 20% da achega que os concellos teñen que aportar no financiamento de proxectos municipais que acadaron fondos europeos Feder ou Edil.

O pleno de Pontevedra aproba esixir diálogo para reformular o PIA de San Amaro

O pleno do concello de Pontevedra aproba esixir compensacións xustas e diálogo cos afectados polo PIA de San Amaro. Os votos a favor de PSOE e Partido Popular sacaron adiante unha moción dos socialistas. Defenden que este é o momento de dialogar cos veciños e que non suporía retrasar o proxecto. O BNG optou pola abstención porque consideran que con isto se paraliza a construción de vivenda pública en Pontevedra.

REDES SOCIAIS

39,574FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete