Canal Rías Baixas

O executivo muradán solicita unha subvención para a contratación de socorristas

MUROS> Desenvolverán o seu traballo na tempada de verán na praia de San Francisco, a única do municipio que contará este ano co distintivo de bandeira azul. Dende sempre o turismo foi unha das sinais de identidade do concello muradán, que o actual executivo local presidido por Caridad González pretende continuar. Ademais do seu casco histórico, un dos mellor conservados de Galicia, Muros destaca pola beleza do seu litoral e as súas praias, as que cada ano se achegan miles de visitantes. O concello solicitou unha axuda para sufragar a contratación de varios socorristas para o areal de San Francisco, que agarda que sexa aprobada. Ademais solicitouse tamén subvención para a contratación dunha brigada de limpeza de praias. De cara a vindeiros anos o concello muradán non descarta a solicitude de máis bandeiras azuis para os seus areais, un deles podería ser para o de Parameán en Esteiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/04/bandeirasazuismuros0406141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/04/bandeirasazuismuros040614.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version