{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/04/psoe_vilagarcia_primarias.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/04/psoe_vilagarcia_primarias.mp4{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Vilagarcía coñecerá en setembro o nome do candidato socialista á alcaldía. O PSOE da vila arranca o proceso a nivel local cunha apertada axenda, na que tamén ten que contemplar as citas marcadas pola renovación do partido a nivel federal. Dous procedementos que, aseguran, culminarán un momento de reflexión e escoita da militancia.
O PSOE de Vilagarcía afronta un verán cargado de citas para a renovación da formación a nivel local e federal. O Congreso do que sairá o sucesor de Alfredo Pérez Rubalcaba celebrarase o 26 ou o 27 de xullo. Despois, os socialistas vilagarciáns comezarán os seus preparativos de cara ás eleccións municipais do 2015.
Con estas consultas á militancia, o PSOE pechará o momento de reflexión escoita no que, aseguran, están sumidos. A nivel local, o proceso está pendente de indicacións de Ferraz que dean máis forma ao calendario, aínda que aseguran que se vivirá con ilusión.
O PSOE de Vilagarcía tamén se pronunciou sobre o proceso que se abrirá agora trala abdicación do rei Xoan Carlos I. Seguindo os pasos doutras formacións, os vilagarciáns son partidarios dunha consulta popular que decida o futuro da monarquía.
Tanto Serén como García insistiron na tradición republicana do Partido Socialista.