Canal Rías Baixas

Os movementos sociais de O Salnés únense contra os recortes

VILAGARCÍA> Este sábado, O Salnés presentará unha fronte común contra os recortes. As diferentes plataformas e colectivos da comarca que están a encabezar protestas a favor dos servizos públicos e dos dereitos da cidadanía realizarán un peche solidario na Praza da Peixería. 

 

Que todas as voces sexan unha soa é o obxectivo do peche solidario que este sábado se realizará na Praza da Peixería.

SOS Sanidade Pública, a Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés, STOP Desafiuzamentos, Zona Aberta… son algúns dos colectivos que participarán desta iniciativa.

Quen anunciou a convocatoria foi María Carrera, a vilagarciá que leva dende o día 3 de abril en folga de fame para protestar pola demora na tramitación das axudas do Risga. Carrera fixo chegar o seu caso ao Valedor do Pobo, que agora lle da a razón e acusa a concello e Xunta de non protexer os dereitos constitucionais.

María Carrera insiste en que incluso o Valedor está a ser desoído por parte das administracións, que seguen sen atender as conclusións dos seus informes.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/05/peche_solidario.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/05/peche_solidario.mp4{/flowplayer} 

 

Exit mobile version