Canal Rías Baixas

A CRMHB pide a convocatoria dun referendo

BARBANZA> A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza pide tamén a convocatoria dun pleno extraordinario antes do venres 13 de xuño e a paralización da Lei de Sucesión. Compartindo as demandas de numerosos colectivos e tamén cidadáns, a título particular, que dende o pasado luns, nada máis coñecerse a nova da abdicación do rei Juan Carlos I, sairon ás rúas, para demandar a convocatoria dun referendo, no que a cidadanía poida decidir a forma do Estado na que quere vivir, mentres non se resolva automaticamente e por decreto, o traspaso da Xefatura de Estado, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, conxuntamente coa da Coruña, levará ós plenos de toda a comarca unha iniciativa solicitando a paralización da lei de Sucesión e a realización dun referendo. Para o presidente deste colectivo, Adrián Romay, significaría un exercicio de vontade política e de democracia. Conxuntamente solicitarán tamén a realización dun pleno extraordinario antes do 13 de xuño. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/comisionmemoriahistoricabarbanzareferendo0606141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/comisionmemoriahistoricabarbanzareferendo060614.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version