Canal Rías Baixas

Paraíso natural en Ribadumia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/15/XARDINPAZOQUINTEIROCRUZ.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/15/XARDINS_PAZO_QUINTEIRO_CRUZ.mp4{/flowplayer} RIBADUMIA> O Xardín do Pazo Quinteiro da Cruz, en Ribadumia, vén de converterse no segundo de Galicia en obter a distinción de Xardíns de España outorgada pola Sociedade de Amigos do Real Xardín Botánico de Madrid. Un paraíso con máis de 1.200 especies de árbores e arbustos dos cinco continentes e máis de 1.800 variedades de camelias cuxa visita ofrece tamén a posibilidade de degustar un albariño, té galego, e probar produtos de cosmética natural. Un agasallo para os sentidos. Iso son os xardíns que agocha no seu interior o Pazo Quinteiro da Cruz, en Ribadumia. A súa excelencia vén de ser recoñecida pola Sociedade de Amigos do Real Xardín Botánico co premio ‘Xardín de España’, un título que nos seus 32 anos de historia só recaeu con anterioridade noutro espazo verde galego. Precisamente na súa primeira edición, no 1982, o do Pazo da Oca de Pontevedra. Os xardíns do Pazo Quinteiro da Cruz agochan preto de 1.200 especies diferentes de árbores e arbustos orixinarios dos cinco continentes. Todos eles catalogados, e máis de 62 especies de camelias que superan as 1.800 variedades. Unha riqueza biolóxica que o converten nun tesouro, e en punto de visita para centos de turistas que chegan desde tódalas partes do mundo atraídos pola beleza do entorno. Do seu coidado ocúpase Pedro e Beatriz. De manter os xardíns e as plantacións de albariño e de té. Porque ademais de xardín de excelencia, Pazo Quinteiro da Cruz elabora un albariño Rías Baixas e desde o ano pasado té galego que xa comercializa. Degustar o albariño e o té é posible nas visitas guiadas que se poden realizar ó entorno, previa cita, así como adquirir produtos de cosmética natural elaborados artesanalmente por Beatriz con camelias e vides que medran no entorno do pazo. Un tesouro en pleno centro de Ribadumia que se presenta como un dos atractivos claves do municipio, xunto á súa oferta patrimonial e arqueolóxica.

Exit mobile version