Canal Rías Baixas

A Deputación construirá novas beirarrúas na estrada DP-5.602

OUTES> A Deputación da Coruña investirá máis de 213 mil euros nas obras de humanización da estrada DP-5602 entre Negreira e Ponte Nafonso, no Concello de Outes. A actuación, que se inclúe na segunda fase do Plan de Travesías Provincial 2014, permitirá construír máis dun quilómetro de beirarrúas, mellorando a seguridade viaria nesta estrada. As obras permitirán tamén instalación de novas tubaxes para a recollida das augas pluviais, e instalaranse 15 puntos de luz e nova sinalización.

Exit mobile version