Canal Rías Baixas

Preocupación no sector bateeiro ante unha posible perda da campaña

BARBANZA> Un temor que tamén viven cocedeiros e conserveiras cuxa actividade se está a ver seriamente afectada. Con preocupación e gran pesimismo se está a vivir este novo episodio da marea vermella que dende hai varias semanas afecta a práctica totalidade da ría de Arousa, a excepción de Vilagarcía A, nas augas máis interiores da Ría, o único polígono aberto polo de agora. Nos portos apenas hai actividade, lonxe do que acontecía en semanas anteriores no que o ritmo de traballo era frenético. Nestes momentos a maior parte da flota bateeira mantense amarrada a porto, á espera dun cambio, que posibilite poder volver a extraer o molusco, nunha época do ano na que se estaba a traballar a un alto ritmo. Dende o sector temen que a toxina poida botar por terra a campaña, como acontecera xa o pasado ano, con perdas de ata un 50% na produción anual. Tamén con preocupación están a vivir esta situación en cocedeiros, depuradoras e conserveiras, onde a presenza da toxina está a frenar a súa producción, nun momento ademais no que o bivalvo se atopaba no seu mellor momento para ser envasado. A paralización do seu ritmo de traballo prexudicará tamén á creación de novos postos de traballo, xa que a contratación de máis persoal nestas empresas verase polo de agora conxelada por culpa da toxina. Precisamente dende a patronal da conserva, Anfaco, fálase de que están en xogo entre 500 e 1.000 postos nas industrias conserveiras e transformadoras se esta situación continúa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/20/seguimentotoxina2008141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/20/seguimentotoxina200814.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version