Canal Rías Baixas

Aprobado o expediente do novo contrato da recollida de lixo en Ribeira

RIBEIRA> A proposta saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno, o Partido Popular; a abstención de BNG e IPdeR; e o voto en contra do PSOE. Dende hai tempo o goberno ribeirense levaba redactando o prego de condicións do novo contrato do servizo de xestión de residuos e limpeza viaria. Como paso previo á súa adxudicación, a corporación municipal tiña que dar o seu visto favorable. Un trámite que foi realizado este mediodía durante a celebración dun pleno con carácter extraordinario. O alcalde, Manuel Ruíz, foi o encargado de explicar, a grandes rasgos, aqueles apartados de maior importancia no novo contrato, entre eles o mantemento dos actuais postos de traballo. Dende as filas socialistas, o único dos grupos que votou en contra da proposta, criticouse o sistema de xestión de residuos que defende, neste caso o concello, como é Sogama. Unha alternativa que para eles suporá un importante incremento nos custes do servizo. Tamén o BNG, que se abstuvo na votación, criticou esta alternativa, a máis cara e a que menos emprego crea, apelando ademais por unha xestión directa do servizo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/plenoextraordinarioribeira1310141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/plenoextraordinarioribeira131014.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version