Canal Rías Baixas

Vilanova estreará o 2015 cunha nova explanada portuaria de 1.200 metros cadrados

VILANOVA> Avanzan as obras no porto de Vilanova. Este mes arrancará a seguinte fase do proxecto que pon en práctica un novidoso sistema de execución de peiraos portuarios. A técnica evita os muros de formigón, conseguindo vantaxes medioambientais e económicas e aforrando tempo de construción.

 

Máis respectuoso co medio ambiente, máis barato e máis rápido. Así é o novo sistema de execución de peiraos portuarios que se está a pór en marcha en Vilanova.

Os recheos realizáronse en maio, pero o vindeiro 17 de novembro arrancarán os traballos de perforación. Despois de pavimentar, a obra calcúlase que a nova instalación estará dispoñible para o sector a principios do vindeiro ano.

Estes traballos contan cun investimento de medio millón de euros, e  enmárcanse nun proxecto de I+D+i que se está a realizar en colaboración con universidades e empresas consorciadas. O orzamento total rolda o millón oitocentos mil euros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/portos_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/portos_vilanova.mp4{/flowplayer} 

 

Exit mobile version