Canal Rías Baixas

O peche do libre marisqueo en Arousa producirase a mediados de xaneiro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/pechecampanalibremarisqueo1311141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/pechecampanalibremarisqueo131114.mp4{/flowplayer} RIANXO> A maioría dos pósitos arousáns apostaron por este peche que afectaría ós Lombos do Ulla, Cabío e o Bohído. Despois dunha longa xuntanza na que tomaron parte a totalidade dos patróns maiores da ría de Arousa, decidiuse establecer a mediados de xaneiro como data para o peche da campaña de libre marisqueo. Os malos resultados, tanto en capturas como en prezos, que se veñen producindo dende case o inicio da actual campaña foi a razón principal para a toma desta decisión. Aínda así os pósitos decidiron agardar a pasar as datas de Nadal, dándose a última oportunidade, aproveitando o tiron que nesas datas ten o marisco, xa que incrementa notablemente o seu prezo. Coa finalidade de tratar de coñecer as condicións nas que quedarán a maioría dos mariscadores unha vez se produza o peche, os patrón maiores mantiveron esta mañá unha xuntanza urxente en Vilagarcía co director do ISM, Carmelo Castro.

Exit mobile version