Canal Rías Baixas

A Policía Local leva a seguridade viaria ás aulas

VILAGARCÍA> Despois do parón do Nadal, a Policía Local volve aos colexios de Vilagarcía. Os axentes percorren os centros educativos do concello para dar charlas sobre educación viaria, con actividades pensadas para rapaces de 3 a 18 anos. Hoxe fixeron parada no colexio Piñeiriño, para educar aos pequenos de educación infantil.

 

Dende o mes de novembro, axentes da Policía Local percorren os once colexios de Vilagarcía para explicar aos alumnos unha materia fundamental: a educación vial.

O contido da charla varía en función do nivel. Para os alumnos máis maiores, de Bacharelato ou ciclos medios e superiores, ten un peso especial o consumo de alcohol e a condución.

Para os máis pequenos, como hoxe os nenos e nenas do colexio Piñeiriño, as charlas buscan un primeiro contacto coas normas.

Parece que a lección lles queda aprendida. De feito, non dubidan á hora de explicarnos como teñen que camiñar pola beirarrúa.

Ou contarnos cales son as cores do semáforo e cal nos di que se pode cruzar.

Iso si, os axentes recoñecen que o seu traballo non empeza dende cero.

Para os nenos de 6º de primaria, a iniciativa non queda só nas aulas. A intención é levar a teoría á práctica no Parque Móbil que na primavera se instalará en Fexdega.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/13/pineirino_seguridade_viaria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/13/pineirino_seguridade_viaria.mp4{/flowplayer}

 

Exit mobile version