Canal Rías Baixas

O executivo rianxeiro asumirá con fondos propios a reforma do Liceo

RIANXO> A pesar das numerosas solicitudes realizadas, o goberno local non foi quen de recadar axuda algunha para a realización das melloras na instalación, que serán destinadas á terceira idade. A pesar de que xa se levou a cabo este Nadal algunha actividade, como foi o baile de maiores o día de Reis, o local do liceo marítimo, adquirido no seu día polo concello, seguen a día de hoxe pechadas. Un dos problemas cos que se encontrou o executivo rianxeiro é a falla de financiamento para levar a cabo a reforma das instalacións, coa necesidade de garantir a accesibilidade ó local de tres andares, o que dificulta a súa utilización. Segundo explicou o propio alcalde, Adolfo Muíños, o concello deberá asumir con fondos propios os gastos de mellora do local e a compra do novo equipamento, ó non obter compromiso algún por parte das distintas Administracións ás que llelo solicitaron. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/melloralocaisliceomaritimorianxo1501151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/melloralocaisliceomaritimorianxo150115.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version