Canal Rías Baixas

Rodas critica na Pobra as políticas do PP en materia pesqueira

POBRA> O deputado nacionalista falou dos problemas que están a ter a maioría dos mariscadores ós que se lles denegou o paro polo peche do libre marisqueo e tamén abordou outras problemáticas que afectan ó sector. O deputado do BNG, Daniel Rodas, mostrou esta mañá na Pobra a súa preocupación pola situación pola que está a atravesar o sector pesqueiro galego a consecuencia das políticas que está a levar a cabo o goberno do Partido Popular. Así fixo referencia ós problemas derivados pola mortandade do berberecho na ría que obrigou a moitos mariscadores a ter que acollerse ó paro polo peche do libre marisqueo. Rodas criticou tamén o mal reparto dos fondos europeos destinados ó sector do mar, que segundo el son investidos de xeito desafortunado, e non van parar precisamente ó fortalecemento do noso modelo produtivo. Na Pobra tamén se pronunciou sobre o incremento dos roubos nas instalacións portuarias. Segundo el a aposta da Xunta vai máis cara a realización de obras cun marcado fin electoralista, como acontece coa futura lonxa de Ribeira, desatendendo o mantemento e a vixilancia dos portos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/13/bngdenegacionparolibremarisqueo1303151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/13/bngdenegacionparolibremarisqueo130315.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version