Canal Rías Baixas

Noia contará cun parque cuberto na zona de Labarta

NOIA> O concello de Noia converterase nun dos primeiros de Galicia en contar cun parque infantil cuberto. O executivo deseñou un proxecto para instalar unhas cúpulas sobre a zona de ocio infantil de Labarta, permitindo o seu uso durante os días de chuvia. Os nenos de Noia contarán, en aproximadamente dous meses, dun novo espazo no que poder xogar durante todo o ano independentemente das condicións meteorolóxicas. O concello investirá cento vinte mil euros na colocación dunha cuberta na zona de ocio infantil de Labarta. O proxecto, actualmente en fase de contratación, contempla un orixinal deseño en forma de cúpulas que serán construídas en vidro e ferro galvanizado, permitindo a entrada de luz e a visión dende o exterior. Ademais da execución da cuberta, que será financiado integramente polo concello con cargo ó remanente do pasado exercicio, a Deputación da Coruña achegará tamén unha partida para realizar melloras no parque. O ente provincial destinará corenta mil euros á instalación de chan homologado de caucho. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/parque_cuberto_labarta_noia1405151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/parque_cuberto_labarta_noia140515.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version