Canal Rías Baixas

Xosé Luís Lemos, ex-adestrador do Cerceda, é o elixido do CD Boiro

BOIRO> O Club Deportivo Boiro xa conta con novo adestrador para a vindeira campaña. Trátase de Xosé Luís Lemos, un técnico que nas tres últimas campañas estivo dirixindo ó Cerceda, ó que o levou eses anos a disputar a fase de ascenso a Segunda División B. Precisamente este feito foi un dos que máis tivo en conta a directiva do Boiro á hora de contratalo, xa que se trata dun adestrador que coñece ben a categoría e co que pretenden estar nos postos altos da táboa clasificatoria durante toda a campaña, co obxectivo de xogar a fase de ascenso e se é posible ascender. A intención do adestrador, e tamén do propio club, pasa por iniciar canto antes a planificación da tempada que vén, dándolle a baixa a aqueles xogadores do actual plantel que non interesen e poñerse a continuación coas novas incorporacións.

Exit mobile version