Canal Rías Baixas

Todo listo en Noia para a súa volta ó Medievo

NOIA> Noia quenta motores para acoller a decimo oitava edición da súa Feira Medieval. Será entre o dezasete e o dezanove de xullo. Preto de douscentos expositores e miles de veciños e visitantes invadirán as rúas do casco histórico convertendo a Noia nunha auténtica vila do medievo. Un ano máis a feira medieval de Noia congregará a miles de fieis a esta cita que xa se converteu nun dos referentes festivos da comarca e con maior impacto económico na vila. Destaca este ano o incremento das solicitudes de expositores que supera con creces os douscentos polo que o executivo está a estudar se habilita unha nova rúa para a instalación de postos. Deste xeito, aumentaría a recadación para sufragar o programa festivo no que o concello inviste setenta mil euros. Entre as actividades máis atractivas do programa destaca o espectáculo nocturno que acollerá a alameda o sábado ou os torneos de cabaleiros que se desputarán no paseo do malecón. O importante auxe desta festa que cada ano vai a máis é un dos motivos polo que dende o concello reclaman o recoñecemento de festa de interese turístico que xa lle teñen solicitado á Xunta. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/02/presentacion_feira_medieval_noia_020715a.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/02/presentacion_feira_medieval_noia_020715.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version