Canal Rías Baixas

Vinte e cinco anos salvando vidas no mar

O porto de Ribeira acolleu o acto de conmemoración do vinte e cinco aniversario do Servizo Aéreo de Rescate de Galicia. O presidente da Xunta reafirmou o seu compromiso para avanzar na modernización dos recursos ó servizo deste corpo que, dende a súa creación, ten salvado máis de mil cincocentas vidas. Hai vinte e cinco anos botaba a andar o servizo de rescate aéreo de Galicia. Dende aquela, o equipo foi medrando e dotándose de recursos e medios ata converterse no que é hoxe en día: un servizo de referencia que ó longo deste cuarto de século ten contribuído a salvar máis de mil cincocentas vidas. Á modernización dos dous helicópteros Pesca sumouse a dotación de buques punteiros como o Irmáns García Nodal ou Sebastián de Ocampo. Liña na que seguirá a traballar a administración autonómica para mellorar os medios con que traballan os Gardacostas de Galicia. Con este acto conmemorativo, o goberno galego quixo recoñecer o labor do corpo de gardacostas condecorando a todos aqueles con vinte e cinco anos de servizo ás súas costas. Houbo tamén unha lembranza para todos aqueles que non puideron ser rescatados a través dunha coroa de loureiro arroxada ó mar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/10/acto_conmemorativo_servizo_aereo_rescate_ribeira_1008151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/10/acto_conmemorativo_servizo_aereo_rescate_ribeira_100815.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version