Canal Rías Baixas

Máis de douscentos deportistas participarán na travesía a nado de Boiro

BOIRO> Cabo de Cruz acollerá este sábado a novena edición da travesía a nado Concello de Boiro, que se enmarca no Circuíto Galego de Augas Abertas. Os participantes nas categorías absolutas deberán percorrer unha distancia de dous mil cincocentos metros aínda que haberá distancias menores para os afeccionados. O porto deportivo de Cabo de Cruz volverá dar cabida a esta proba, xa clásica no calendario estival boirense. Por terceiro ano consecutivo, enmarcarase no Circuíto Galego de Augas Abertas polo que as inscricións correrán a cargo da Federación Galega de Natación. Os interesados poderán formalizalas ata o xoves á unha da tarde na web fegan.org. O percorrido nas categorías E e F, clasificables para o circuíto galego, será de dous mil cincocentos metros. Aínda que haberá tamén catro probas con menor distancia para afeccionados e mesmo unha de iniciación para os máis cativos. O concello e diversas entidades e clubs locais colaborarán na organización do evento que dará comezo ás cinco e media da tarde do próximo sábado. Ademais dos premios para os primeiros clasificados en cada categoría, haberá un trofeo para os nadadores de maior e menor idade así como para o deportista local con mellor resultado. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/11/travesia_nado_boiro_1108151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/11/travesia_nado_boiro_110815.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version