Canal Rías Baixas

CxG esixe medidas para incrementar a seguridade viaria en Outes

OUTES> A agrupación municipal de Compromiso por Galicia en Outes denuncia o mal estado da Rúa Tines, unhas das máis transitadas do casco urbano. Piden ó goberno que proceda ó arranxo das numerosas fochancas do firme así como ó estudo da reordenación do tráfico para evitar retencións nas horas punta. Este treito da rúa Tines que conecta coa praza de Galicia é un dos que máis tráfico soporta xa que dá acceso ó colexio, ó pavillón municipal e ó campo de fútbol. A pesar da cantidade de vehículos que transitan pola vía, o pavimento atópase en moi mal estado, con fochancas pegadas á beirarrúas. Por esta razón, Compromiso por Galicia urxe ó executivo a acometer unha actuación urxente. Propoñen ademais o reforzo dos elementos de seguridade viaria como a elevación do paso de peóns situado ó carón do centro escolar. Sinalan tamén a posibilidade de realizar un estudo para a reordenación do tráfico nesta vía, actualmente de dobre sentido. Ás horas punta, especialmente de entrada e saída do colexio, prodúcense frecuentes atascos e os autobuses escolares teñen dificultades para acceder. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/28/melloras_ruas_outes_2808151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/28/melloras_ruas_outes_280815.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version