Canal Rías Baixas

O polígono de Tremoedo disporá de vinte cámaras de videovixilancia

VILANOVA>A instalación destes dispositivos terá un custe de algo máis de 142 mil euros, dos cales aproximadamente o 80% irán con cargo a unha subvención da consellería de Economía e Industria. Os empresarios asentados no polígono de Tremoedo en Vilanova verán cumprido en breve unha das súas principais demandas. A instalación de cámaras de seguridade que afasten ós amigos do alleo das súas naves industriais. Nos últimos anos os empresarios asentados neste parque viron como o número de roubos e actos vandálicos nas súas propiedades aumentaron considerablemente. En total instalaranse uns 20 dispositivos, cos que se prevé dar cobertura a todo o parque. A instalación das cámaras de vixilancia suporá un custe de algo máis de 142 mil euros. unha cantidade á que se fará fronte grazas a unha subvención da consellería de Economía e Industria que supón case o 80% do total. A cantidade restante será asumida polo propio concello. As cámaras estarán conectadas as vinte e catro horas do día con fibra óptica ó centro de recepción de datos de A Pantrigueira, onde quedarán almacenadas durante varios días. O executivo local non descarta nun futuro acollerse a novas achegas da administración Autonómica para poder proceder tamén a instalación de cámaras de vixilancia tamén no polígono de Baión. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/02/camaras_vixilancia_poligono_tremoedo0209151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/02/camaras_vixilancia_poligono_tremoedo020915.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version