Canal Rías Baixas

O concello de Vilanova investiu uns 120 mil euros na mellora dos colexios do municipio

VILANOVA> O alcalde, Gonzalo Durán, visitou esta mañá as instalacións do CEIP de Corón, na parroquia de Caleiro, onde se procedeu, entre outras actuacións, á remodelación da parte superior do centro educativo. O concello de Vilanova desenvolveu unha serie de obras de mellora na totalidade dos centros educativos existentes no municipio coa finalidade de que presenten o seu mellor estado para o inicio do curso escolar. En total nestas obras investíronse uns 120 mil euros de fondos propios, en moitos casos para facer fronte a actuacións que en teoría, lle corresponderían a outras Administracións. Unha das principais actuacións desenvolveuse no CEIP San Roque de Corón, onde a solicitude da comunidade educativa do centro, tanto ANPA coma a Dirección, se procedeu á remodelación da parte superior do colexio coa instalación de tarima flotante, pintado e a substitución das fiestras, entre outras. Dende o concello quixeron mandar tamén unha mensaxe de tranquilidade á comunidade educativa do colexio de Tremoedo debido ó retraso que acumulan as obras de substitución da cuberta a consecuencia do mal tempo. Mentres esta actuación non estea rematada os rapaces trasladaranse á casa da cultura para poder iniciar alí o curso con normalidade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/04/melloras_colexios_vilanova0409151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/04/melloras_colexios_vilanova040915.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version