Canal Rías Baixas

A agrupación de Protección Civil da Pobra comeza a tomar forma

POBRA> A agrupación de Protección Civil da Pobra comeza a tomar forma despois de que o concello abrira o prazo para a presentación de voluntarios. Na actualidade, o equipo está integrado xa por máis dunha quincena de persoas que, posteriormente, deberán realizar un curso. Aínda que o concello da Pobra xa contaba con Protección Civil, ata o momento a agrupación non funcionaba a pleno rendemento. O concello iniciou os trámites para incorporar novos voluntarios que permitan dar un servizo completo á cidadanía durante todo o ano. Os interesados en sumarse á agrupación poden presentar as súas solicitudes tanto no concello como na base de Protección Civil. dende o concello animan ós veciños a participar xa que todos poden aportar parte dos seus coñecementos para mellorar a atención cidadá. O executivo traballa xa na elaboración do regulamento de voluntariado que será debatido na vindeira sesión plenaria. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/23/agrupacion_porteccion_civil_pobra_2309151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/23/agrupacion_porteccion_civil_pobra_230915.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version