Canal Rías Baixas

O outono encherase de cultura en Boiro

BOIRO> O executivo boirense presentou a programación cultural de outono. Como en anos anteriores as actividades previstas virán a satisfacer a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. A pesar de que algunhas das actividades incluídas no Outono Cultural de Boiro xa comezaron esta pasada fin de semana, o grosso do programa aínda está pendente de desenvolverse e prolongarase durante o que resta de setembro e tamén nos meses de outubro, novembro e decembro. Como en anos anteriores as actividades programadas dende o departamento de Cultura tratarán de satisfacer a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. Haberá diferentes apartados: formación, medio ambiente, exposicións e música, sen esquecer tampouco o teatro, que volverá a ser un dos grandes protagonistas do Outono Cultural boirense. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/23/presentacion_axenda_cultural_boiro_2309151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/23/presentacion_axenda_cultural_boiro_230915.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version