Canal Rías Baixas

Mosquera ve duplicidades e falta de persoal na Deputación de Pontevedra

PONTEVEDRA> Esta mañá nun almorzo informativo o Vicepresidente da Deputación César Mosquera insistía na existencia dentro da propia institución de estruturas duplicadas, pequenas e ineficientes en comparación co resto de Concellos, Xunta ou Estado.

 

Mosquera informou do reducido número de técnicos e expertos que ten a deputación en comparación co resto de Concellos da provincia e doutros organismos e mantén que é radicalmente imposible coordinalos a todos e á vez asesoralos como é a súa función.

Aínda así o vicepresidente da Deputación asegurou que aproveitan os recursos públicos o mellor que se pode e que iniciativas novidosas como a de residuos ou mobilidade están tendo moito éxito.

Dentro do seu organismo, Mosquera amosouse  gratamente sorprendido da coincidencia de pareceres entre as dúas forzas políticas ao fronte da Deputación.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/01/mosquera_almorzo_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/01/mosquera_almorzo_deputacion.mp4{/flowplayer}

 

Exit mobile version