Canal Rías Baixas

A fachada marítima de Noia quedará libre de coches o próximo verán

NOIA> O concello de Noia traballa xa na terceira fase do proxecto Portas do Mar que suporá unha remodelación integral da fachada marítima. Esta actuación contempla a eliminación das prazas do aparcamento no malecón de Gasset. De cara ó próximo verán, a fachada marítima de Noia experimentará unha remodelación integral. O proxecto, denominado As Portas do Mar, busca crear un espazo peonil que conecte o casco histórico da vila coa súa entrada á ría. Esta actuación contempla o investimento que vai acometer a demarcación de costas do estado en Galicia na contorna cun paseo peonil. A eliminación das prazas de estacionamento nesta zona verase compensada coa entrada en servizo do aparcadoiro da rúa Xuíz Falcone. O executivo non descarta tampouco habilitar novos espazos para o aparcamento de vehículos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/16/proxecto_portas_do_mar_1510151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/16/proxecto_portas_do_mar_151015.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version