Canal Rías Baixas

Reabre o tanatorio de Ribadumia

RIBADUMIA> Reabre o tanatorio de Ribadumia. O venres a última hora da mañá o Concello recibía o último papel que lle faltaba para facer efectiva a legalidade da obra e dende ese preciso momento o tanatorio xa pode ser empregado polos veciños.

 

Estivo menos de 15 días pechado, mais o tanatorio de Ribadumia enfrontou durante ese tempo a goberno e oposición e mesmo aos propios veciños ante a súa situación legal. Ao Concello, quen determinou o seu peche despois dun informe técnico que informaba da súa ilegalidade, chegaba este pasado venres o último dos papeis necesarios para a súa reapertura que se fixo efectiva de maneira inmediata.

A partir deste momento o tanatorio volve a entrar en funcionamento, como afirma o alcalde de Ribadumia era a súa máxima prioridade, mentres lamenta as trabas que cre se puxeron dende o Partido Popular á legalización do proxecto.

Dende o PP, nun comunicado enviado o propio venres ao coñecerse a noticia, aseguran ver ante a rápida reapertura do tanatorio unha mentira construída sen importar o prexuízo causado aos veciños.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/14/tanatorio_ribadumia_2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/14/tanatorio_ribadumia_2.mp4{/flowplayer}

 

Exit mobile version