Canal Rías Baixas

ABAS promove unha recollida de xoguetes e alimentos durante o Nadal

POBRA> A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade, ABAS, promove unha campaña de recollida de xoguetes e alimentos para as familias máis necesitadas. O concello da Pobra colabora cedendo espazos e persoal para o almacenaxe e traslado dos artigos. A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade leva tempo traballando en favor dos máis necesitados. Máis aló da colaboración económica e a achega de alimentos o obxectivo desta entidade é promover un proxecto de integración social para estas familias, facilitando a inserción laboral para acabar coa súa situación de dependencia. Ademais deste traballo que realizan durante todo o ano, neste Nadal veñen de impulsar unha campaña de recollida de xoguetes e alimentos. Contan co apoio de Stop Desafiuzamentos e do concello da Pobra que lles facilita espazos para o almacenaxe e voluntarios para a recollida. OS interesados en colaborar tamén poden depositar as súas doazóns no centro GAES ou na gardería municipal. Dende a asociación fan tamén un chamamento a voluntarios para realizar as tarefas de recollida e reparto. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/23/presentacion_ong_pobra_2312151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/23/presentacion_ong_pobra_231215.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version